a. Un edublog é unha ferramenta de traballo cuxo obxectivo principal é apoyar o proceso de ensino aprendizaxe nun contexto educativo. A súas utilidades son diversas: traballar colaborativamente, compartir experiencias, almacenar e organizar información,acceso directo a información, compartir experiencias..
b. Blogger, Smart blogger, Flashblog, Bloggia, Blogsbot, Blogsome, B2evolution, etc.
c. O emprego dun blog de xeito constructivista sería todo aquel no que o alumnado fose construíndo a súa propia aprendizaxe, de xeito que coas súas propias aportacións ccree un ambiente eriquecedor no contexto de ensino-aprendizaxe.
Os edublogs teñen moitas utilidades educativas, anteriormente mencionadas na resposta A. Como mestra daríalles empregos variados: o alumnado aportaría informacións sobre un determinado tema estudado na clase, de xeito que completaría información e aprendería a seleccionala. Ademáis poderíanse crear certos debates sobre certos temas de actualidade, cousa que fomenta a capacidade autocrítica e a empatía. Tamén colgaría os temas dando a oportunidade ó alumnado de aportar outra información ou opinar, as actividades tamén poderían ser realizadas por este medio podendo así compartir respostas co resto de compañeiros logo de estar tódalas respostas subidas á plataforma.
Esta ferramenta ademáis, permite un contacto continuo co alumnado así como a fomentación de diversas competencias.